O idioma galego é o único medio natural e propio para dar a coñecer as necesidades de expresión escrita do meu espírito en tódalas manifestacións, necesidades dunha persoa que non quere que o seu apelido poida morrer ou quedar esquecido. Nomeo o mundo tamén en galego.
É unha prosa de soidade e loita polo dereito de escribir polas miñas propias mans, feitas a bolígrafo; así se comprende a miña escritura, coas palabras de uso común na lingua portuguesa —portugués brasileiro e peninsular, linguas irmás, pero diferentes—, e en case tódolos idiomas de orixe latina, mais que adoita e esixe tamén palabras de orixe en inglés, en francés, en castelán, e algúns préstamos antigos doutros idiomas que non traducirei. O meu corazón procura polas palabras comparadas en tódalas linguas iberorrománicas.
Trátase dunhas palabras dun humilde vello poeta ós 51 anos, a escribir algunhas veces en galego en momentos de vagar. A miña gratitude á lingua nai de moitos pobos.
Quero agradecerlles á Xunta de Galicia e a todos cantos colaboraron no inmenso traballo de sistematización da lingua galega, polo seu traballo a través do cal a gramática, a terminoloxía, a redacción xornalística, a lingüística, a poesía, deron froitos que xa non teñen fronteiras.
Gaiteiro galego por Martínez ; Barbeito Morás, Carlos - Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia, Spain - CC BY-NC-ND.
Nenhum comentário:
Postar um comentário